Red de centros

Inicio Servizos Descripción

ImprimirCorreo-e

Servizos

¿Por que precisa estes Servizos?

A necesidade de xestionar axeitadamente a Prevención de riscos é tan incuestionable como a de xestionar calquera outra área clave para a estabilidade e a produtividade na empresa. Ademais de ser unha obriga legal para o empresario, da que se poden derivar consecuencias moi negativas nos ámbitos sancionatorio e penal, inflúe moi directamente no aumento da produtividade, na reputación corporativa e na valoración e imaxe de marca.

Ademais de cumprir cos requirimentos legais, o contido dos servizos da SOCIEDADE DE PREVENCIÓN DE IBERMUTUAMUR está orientado a eses obxectivos, a través da mellora das condicións de traballo e da integración da Prevención nos sistemas de xestión da empresa.

Estes servizos divídense en dúas grandes áreas: ESPECIALIDADES TÉCNICAS y ESPECIALIDADES MÉDICAS




Especialidades Técnicas
Seguridade no traballo
Hixiene Industrial
Ergonomía e Psicosocioloxía
 
Especialidades Médicas
Medicina do Traballo
Vixilancia da Saúde

 
• Asignamos a cada empresa un Técnico en Prevención responsable de garantir a prestación do servizo, directamente e/ou coordinándose con outros especialistas. 

• Elaboramos un Programa Anual de Actividades preventivas pactado coa dirección, e desenvolvemos as actividades de acordo a ese cronograma.

• Realizamos unha memoria anual de Servizos de Prevención, recollendo todas as actividades levadas a cabo durante o ano.

 
 
Análise de partida da información estatística de accidentabilidade na empresa.

• Visitas aos centros de traballo.

• Medicións ambientais de ruído, temperatura e humidade.

• Estudo de casos especialmente sensibles a determinados riscos.

• Elaboración da documentación esixible pola lei.

• Actuacións á medida adaptadas a necesidades específicas.

• Investigación de accidentes.

• Cursos de formación á medida.

• Verificación da integración da Prevención.

• Visitas de acompañamento ante unha inspección de traballo.

• Participación como expertos nos comités de Saúde e Seguridade da empresa.

• Asesoramento para a elaboración e implantación de procedementos de traballo.

• Asesoramento na coordinación de actividades empresariais.

• Asesoramento técnico e xurídico en caso de actas de Inspección de Traballo.
 
 
• Asignamos un médico especializado en Medicina do Traballo como responsable da dirección das actividades a realizar.

• Levamos a cabo os exames de saúde, nos nosos centros ou en unidades móbiles, baseados en protocolos médicos específicos para cada posto de traballo, e segundo ao calendario pactado coa empresa.

• Realizamos as probas complementarias que cumpran para unha vixilancia integral da Saúde.

 
 
• VIXILANCIA DA SAÚDE COLECTIVA:

- Planificación de actividades sanitarias.

- Elaboración dos protocolos médicos para cada posto de traballo.

- Elaboración de informes epidemiolóxicos.

- Análise das ausencias por motivos de saúde.

- Promoción da Saúde.

- Asesoramento médico para o seguimento das patoloxías.

- Memoria anual de actividades realizadas.

• VIXILANCIA DA SAÚDE INDIVIDUAL:

- Tipos de exames de saúde:

• Previo ao ingreso

• De novo ingreso ou tras asignación de tarefas con novos riscos para a saúde

• Por reincorporación tras ausencias prolongadas por motivos de saúde.

• Recoñecemento periódico.
 
joomla template