Red de centros

ImprimirCorreo-e

Vacinación contra a gripe común



A Gripe é das primeiras causas de absentismo laboral durante os meses de inverno, sendo a posibilidade de contaxio 5,72 veces superior en persoas non vacinadas. En España, por exemplo, a Gripe leva consigo unha media de 7 días de baixa laboral e cando se produce un caso supón consecuencias negativas para a empresa, tanto pola propia duración da baixa coma pola posibilidade de contaxio a outras persoas e pola necesidade de levar a cabo medidas de illamento e/ou hixiene.

O custo da vacina será o de venda ao público nas farmacias, facturándose adicionalmente a administración nos nosos centros ou o desprazamento do persoal sanitario ás empresas, en caso de ser solicitado. 

 Esta vacinación está indicada como unha forma de promoción da saúde na poboación laboral, axudando así á redución do absentismo e á mellora da produtividade nas empresas, estando recomendada especialmente para persoal sensible, como enfermos crónicos (diabéticos, cardiópatas, pacientes con patoloxía cardiovascular, persoas con doenzas neurolóxicas activas, etc.) mulleres embarazadas, cuxa xestación coincida coa tempada gripal, e para persoal con maior exposición ao contaxio, como o sanitario ou o dos servizos públicos.
joomla template