Red de centros

ImprimirCorreo-e

Campaña de prevención da EPOC

 

- A EPOC é un proceso caracterizado pola obstrución crónica ao fluxo respiratorio, con redución dos fluxos espiratorios máximos e da capacidade de baleirado pulmonar.

- A aparición da EPOC está estreitamente ligada ao hábito de fumar, polo tanto é unha enfermidade evitable.

- A Campaña de Prevención da EPOC consiste en detectar a presenza de obstrución ao fluxo respiratorio. Realízase mediante a Espirometría a todos os traballadores en risco, dentro do Programa de Vixilancia da Saúde da Sociedade de Prevención de Ibermutuamur.

- Os traballadores avaliados son clasificados segundo os Graos de gravidade establecidos pola GOLD 2006 e que utiliza os valores obtidos na espirometría: FEV1 e o Índice de Tiffenau (FEV1/FVC).

- O obxectivo deste programa é detectar aqueles individuos en risco ou afectados por este trastorno e facer as recomendacións correspondentes para a redución dos Factores de Risco.


DESCARGAR
FOLLETO INFORMATIVO
joomla template