Red de centros

Inicio Productos Prevención Integral

ImprimirCorreo-e

Prevención Integral

Esta modalidade de contratación inclúe a realización das actividades a seguir:

 

 
Elabórase o Plan de Prevención da EMPRESA, que recolle a estrutura organizativa, as responsabilidades, as funcións, as prácticas, os procedementos, os procesos e os recursos precisos para desenvolver a acción de prevención de riscos da EMPRESA.
 
 
Este informe recolle os riscos para a saúde e a integridade física presentes na empresa en cada unha das especialidades concertadas: seguridade, hixiene ou ergonomía. Malia todo, dende o punto de vista legal, a avaliación de riscos só pode considerarse completa coa realización dos estudos específicos que sexan identificados como necesarios e cuxa contratación á parte pode ser precisa, se fose o caso. A avaliación refírese a aqueles riscos laborais que non puidesen evitarse segundo o establecido no artigo 15, apartado 1 b da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e artigo 3 do Real Decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, Regulamento dos Servizos de Prevención.
O resultado desta actividade será obxecto dun Informe de Avaliación de Riscos Laborais.
 
 
Elabóranse os plans e programas de acción preventiva como ferramentas de aplicación das medidas necesarias para a eliminación, o control ou a redución dos riscos detectado na Avaliación Inicial. Esta actividade implica a determinación das prioridades na adopción das medidas preventivas por parte da EMPRESA, e mais o control e vixilancia da eficacia destas.
 
 
Baseándose nos resultados da Avaliación de Riscos realizada, elabóranse as fichas de información aos traballadores sobre prevención de riscos. Estas fichas, elaboradas por posto de traballo, inclúen a descrición dos riscos aos que están expostos os traballadores, así como as medidas de prevención e protección precisas para reducir a exposición aos devanditos riscos.
 
 
O traballador deberá recibir a formación precisa para o desenvolvemento do seu posto de traballo en condicións seguras. Para iso a empresa dispón das diferentes opcións, como Institucións públicas, plans de formación da mutua ou formación presencial impartida polo propio técnico de prevención da Sociedade de Prevención de Ibermutuamur nas súas visitas á empresa.
 
 
Baseándose nas posibles situacións de emerxencia, en función dos factores de riscos presentes no centro de traballo ou na actividade que se desenvolve, planifícanse as actuacións a seguir en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación dos traballadores.
 
 
Co fin de identificar as causas que os produciron e propoñer as medidas preventivas precisas, investíganse os accidentes graves, moi graves e mortais, ademais dos leves que se consideren especialmente significativos.
Periodicamente lévase a cabo unha análise dos niveis de accidentalidade da EMPRESA.
 
 
Ten por obxecto verificar o grao de implantación e de cumprimento dos obxectivos nos documentos anteriores.
 
 
Valórase a efectividade da integración da prevención de riscos laborais, no sistema xeral de xestión da empresa, a través da implantación e aplicación do Plan de Prevención de riscos laborais.
 
 
Actividades específicas da especialidade de Medicina do Traballo
 


DESCARGAR
FICHA DE CONTRATACIÓN
joomla template